As/os tutoras/es poden solicitar un mes de rotación para actualizarse, se o desexan, cundo teñen residentes no seu último ano de residencia. O residente de último ano farase cargo de toda a actividade correspondente ó tutor, mentres o tutor realiza a estancia formativa.
A solicitude de rotación realízase a través da Secretaría da Unidade Docente Multidisciplinar de Atención Familiar e Comunitaria, dende donde se realizarán e coordinarán todas as xestións.