Actuación en caso de accidente de traballo
Deben notificarse todos os incidentes susceptibles de ser considerados accidentes de traballo (con ou sen baixa), as posibles enfermidades laborais e os episodios de violencia externa, se ben a súa notificación non implica automaticamente o recoñecemento como tales. No caso de lesións que requiran atención médica, o traballador accidentado acudirá, se é preciso, ao Servizo de Urxencias, ao Centro de Saúde ou Punto de Atención Continuada e informará, coa maior brevidade posible, ao seu superior xerárquico do suceso acontecido. Cando non fose posible contactar con el de xeito inmediato, o profesional procederá a informalo á maior brevidade.
Para coñecer o protocolo interno de actuación:
Procedemento en materia de violencia laboral
Unha vez que aconteza un episodio de violencia laboral de orixe externa deberá seguirse o procedemento de actuación. Todos os traballadores deben coñecer o protocolo interno para saber actuar ante situacións conflitivas.
Consulta no seguinte enlace:
Non esquezas que si te sentes ameazado ou nunha situación conflitiva, na marxe inferior da túa pantalla de ordenador tes o chamado “botón do pánico”, o botón roxo SOS, que funciona só con premer nel.
Procedemento en materia de violencia de xénero
É importante o coñecemento e cumprimento deste procedemento que non só recolle as pautas de actuación na consulta ante a violencia de xénero senón tamén ante as sospeitas dun posible caso de violencia de xénero e as actuacións a levar a cabo con outros organismos. De especial relevancia é o apartado de instrucións para cubrir o parte de lesións.
Enlace ao contido