udmdeafycdevigo

Permisos E vacacións

Para os efectos dunha adecuada planificación dos días de vacacións e permisos dos residentes dependentes desta Unidade Docente Multiprofesional, póñense en coñecemento as seguintes instrucións:

Impresos

  • Todas as solicitudes faranse a través de FIDES, posteriormente imprimirase a solicitude para asinar polo titor da rotación e/o titor do residente e o interesado, antes de envialo á Unidade Docente Multiprofesional onde se autorizará polo Xefe de Estudos.
  • Días de formación: Solicitaranse a través de FIDES, imprimirase e asinará polo titor da rotación, ademais cubrirase o informe que xustifique os motivos da solicitude asinado polo titor.

Vacacións

  • É recomendable facer coincidir as vacacións co titor do C. de saúde no caso dos R1.
  • Desde o 1 de Julio ao 30 de setembro (Gozaranse meses enteiros ou fraccionados en quincenas (do 1 ao 15 e do 16 ao 30 ó do 17 ao 31).
  • Fóra destes meses poderase solicitar períodos de duración inferior a 15 días pero nunca inferiores á semana natural. Co fin de procurar un óptimo cumprimento delos requisitos formativos, non se autorizarán permisos coincidindo coa celebración de cursos do Programa Complementario que son de obrigatorio cumprimento.
  • As anulacións de vacacións xa concedidas comunicaranse e autorizarán previo ao seu goce.
  • As solicitudes deberán presentarse na Unidade Docente Multiprofesional cunha antelación mínima de 20 días.

Días de libre disposición

  • Disponse de 6LD.
  • Poden ser gozados ata o 15 de xaneiro do seguinte ano.
  • Non poderán unirse ás vacacións
  • Deben presentarse na Unidade Docente Multiprofesional con 10 días de antelación.