udmdeafycdevigo

Premio Investigación para residentes de Atención Familiar y Comunitaria del Área Sanitaria de Vigo

Premiados
Risoterapia segundo premio investigación 2018
Premio_internet_Galicia_2019
accesit 2
accesit 1
Primer premio
premiados
InkedPrimer premio_LI
accesit 3
previous arrow
next arrow

Os/ as residentes presentan os seus resultados de investigación durante o mes de abril, do seu último ano de residencia, e optan ao premio anual que a Área Sanitaria de Vigo outorga ao mellor traballo de investigación dos residentes de Atención Familiar e Comunitaria, por contía de 1000€, e para difundilo na correspondente reunión da European General Practice Research Network (EGPRN).

Introdución

A Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, no marco do Instituto de Investigación Biomédica Galicia Sur, convoca os premios á investigación para residentes de Atención Familiar e Comunitaria, co fin de promover a actividade investigadora e a internacionalización dos seus profesionais dende o seu período de formación.

Neste sentido, este premio pretende recoñecer os traballos de investigación da Área Sanitaria de Vigo, levados a cabo por residentes de Atención Familiar e Comunitaria de calquera dos centros da Área de Vigo, ó longo do seu período formativo.

Requisitos

  1. Estar realizando a residencia en Atención Familiar e Comunitaria na Área Sanitaria de Vigo.
  2. O número máximo de residentes por proxecto será de catro.

Premio

O premio financiará a inscrición, viaxe e aloxamento para presentación do proxecto premiado nunha reunión científica da European General Practice Research Network.
O xurado reservarase a posibilidade de estimular a investigación a través da entrega de accésit a calquera outra investigación que non teña sido a galardoada, pero que pola súa relevancia mereza tal distinción.

Presentación

É necesario defender o proxecto finalizado no acto de presentación dos traballos de investigación durante a residencia, que terá lugar última semana de abril. Os residentes remitirán un resumo de 400 palabras á UDM antes do día 20 de abril para que poda ser lido polos membros do tribunal antes da súa defensa.

Execución

Neste acto cualificáranse os traballos presentados para a avaliación sumativa dos residentes e outorgarase o premio ao mellor traballo. A execución do pagamento levarase a cabo cando os agasallados publiquen a súa investigación, para o que dispoñerán dun prazo de 12 meses a partir da concesión do premio e que terán que xustificar adecuadamente.

Avaliación

O xurado estará composto por profesionais con recoñecida experiencia investigadora no ámbito da Atención Primaria e sen conflitos de interese.
Para outorgar os premios, avaliaranse os seguintes criterios:

  • Interese para a práctica clínica en Atención Primaria
  • Orixinalidade e potencial innovador do descubrimento científico
  • Aplicabilidade e impacto dos resultados da investigación no Servizo Galego de Saúd
  • Metodoloxía:
    • Obxectivos
    • Deseño
    • Aspectos ético-legales
    • Resultados
    • Conclusións
    • Multicéntrico o cooperativo.
    • Difusión