Una vez que tomades posesión da praza de residente, dentro do prazo establecido na adxudicación, deberedes presentarvos na secretaría da Unidade de Docencia Multiprofesional para iniciar o voso expediente e alí recibiredes o calendario e as indicacións precisas que vos facilitarán a vosa incorporación. Para a apertura do expediente formativo deberedes entregar unha fotografía tamaño carné e cubrir unha ficha cos datos persoais.
Previo a sinatura do contrato, deberedes achegar á oficina de Recursos Humanos Punto de Atención ó Traballador (PAT) a seguinte documentación:
✔ Copia compulsada do título.
✔ Fotocopia DNI.
✔ Fotocopia Seguridade Social.
✔ 1 Fotografía.
✔ Número de conta bancaria.
✔ De selo caso, número de colexiado (xustificante): solicitarase no Colexio Médico. Rúa Ecuador 84 baixo. Vigo. Teléfono: 986271400 / 986276566.
✔ Resgardo orixinal de adxudicación da praza asinada.
✔ Certificación negativa do Rexistro de Delincuencia sexual contra menores.
✔ No caso de ser de fora de Galicia, certificado de empadroamento.
Unha vez realizado o trámite de incorporación, dende a Unidade Docente faranse as xestións oportunas co Servizo de Informática para que vos faciliten os permisos de usuario/a do sistema, que inclúe o uso do correo electrónico do Servizo Galego de Saúde e o acceso as aplicacións corporativas na Intranet que correspondan á vosa especialidade, como é o caso do Ianus.
Elección Centros de Saúde
A elección de centros faise conforme ao seguinte criterio: por orde de puntuación no exame EIR e MIR, respectivamente.
Elíxese Centro de Saúde e Punto de Atención Continuada (PAC), de entre os que están acreditados para a Formación Sanitaria Especializada (FSE) e en consecuencia, constitúen a estrutura da Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria de Vigo.
O acto de elección realízase o último día do prazo para a incorporación, establecido no BOE para cada convocatoria, ás 13:00 horas. O día previo realízase unha reunión nas dependencias da unidade docente (UD) para informar sobre as características dos centros, presentada por residentes da UD.
O contrato do residente
Como adxudicatario dunha praza EIR/ MIR na Unidade Docente Multiprofesional de Vigo, subscribirás de mutuo acordo coa Área Sanitaria de Vigo, un contrato de traballo para a formación de enfermeiro/médico especialista.
A relación laboral especial de residencia para a formación de especialistas en Ciencias da Saúde, regúlase a través do Real Decreto 1146/2006.
Trala firma do contrato, pasas a ser Enfermeira Interna Residente (EIR)/Médico Interno Residente (MIR), traballador estatutario temporal, dependente da EOXI de Vigo.
O contrato de EIR/MIR establece unha dobre vinculación:
- Obriga ao residente a prestar un traballo e recibir unha formación práctica, e
- Obriga á Área Sanitaria a retribuír devandito traballo e a facilitar a través da UD a formación práctica profesional para a obtención do título de especialista, de acordo co programa correspondente.
A duración do contrato é dun ano, renovable por un ano si ao final do mesmo fuches avaliado positivamente.
A prestación de servizos como EIR/MIR é incompatible co desempeño de calquera outra actividade contractual, sexa pública ou privada, retribuída ou non. (Lei 44/2003 de ordenación das profesionais sanitarias). En caso de incumprir esta norma, estarás incorrendo en falta moi grave, e pode comportar rescisión do contrato como residente. A partir deste momento todos os trámites burocráticos que precises remitiralos sempre á Unidade Docente de AFeC, para o visto bo do Xefe de Estudo e dende aquí cursaranse a onde corresponda (Ex. Dpto. Persoal, Nóminas…).
Identificación
Todo o persoal debe estar correctamente identificado.
A dirección do Centro Sanitario facilitaralles un cartón identificador que se colocará en lugar visible contendo o nome, fotografía e referencia ao tipo de profesional de que se trate. As tarxetas serán facilitadas no momento da súa incorporación mediante solicitude nos Puntos de Acreditación Electrónica (PAE) dos correspondentes centros.
Uniformidade
Por motivos de seguridade e hixiene todos/as os/as profesionais deberán ir debidamente uniformados no seu posto de traballo.
O cumprimento desta normativa é responsabilidade individual de cada traballador/a, pero tamén o é dos xefes de servizo, xefes de sección, supervisores/as, coordinadores/as e encargados/as, así como do equipo directivo e dos xefes/as de garda e supervisores/as xerais.
Calquera traballador/a que incumpra esta normativa poderá e deberá ser requirido/a para que a cumpra.
Comunicación interna
O correo corporativo é o medio habitual de comunicación entre a dirección e o persoal.
Diariamente se difunde a todos/as os/as profesionais da Área Sanitaria un boletín informativo coas noticias máis destacas, convocatorias, sesións etc.