Misión
- Habilitar aos residentes para a integración da atención comunitaria na súa actividade profesional.
- Facilitar unha dinámica e enfoque comunitario na contorna asistencial docente e na área Sanitaria.
- Contribuír á proxección comunitaria dos centros de saúde docente.
- Difundir as actividades comunitarias, creando redes formativas e proactivas.
Visión
- Integrar a práctica comunitaria dentro dos centros docentes como algo habitual.
- Crear masa crítica en atención primaria. Investigar en atención comunitaria.
- Consolidar a aprendizaxe da atención comunitaria na UDM de Vigo.
Valores
- Fomentar a motivación, o autoaprendizaje e o desenvolvemento persoal e profesional dos residentes
- O respecto pola singularidade de cada membro da comunidade docente, o fomento do traballo en equipo, a conciencia da importancia da xestión emocional dos profesionais, a posta en valor dos logros e esforzo.
- Honestidade, transparencia e mellora continua. Procurar contorna que promova o desenvolvemento da potencialidade de cada membro da comunidade docente. Poñer en valor a intelixencia global e colaborativa.