Criterios para á acreditación titor MIR
Evaluación curricular
Puntuación máxima 70 puntos
Divídese en tres apartados:
- Perfil profesional/asistencial: (Puntuación máxima: 30 puntos)
- Perfil docente: (Puntuación máxima: 25 puntos)
- Perfil Investigador: (Puntuación máxima: 15 puntos)
Débese considerar que as oportunidades curriculares non son iguais en todas as unidades docentes, e que os tutores poden ter perfís curriculares moi diversos. Por esto ofrécese a posibilidade de acreditarse admitindo a profesionais con perfís moi distintos, mediante a creación duns baremos flexibles e que non limiten excesivamente as puntuacións máximas por apartado.
Proxecto docente
Puntuación máxima 30 puntos
Proxecto que o candidato pretende realizar na unidade docente. Definiranse uns criterios de calidade mínimos para ser evaluados, tomando
como base os programas formativos actualizados de cada especialidade, pero individualizados e adaptados a cada unidade docente.
Para conseguir a acreditación débese obter a seguinte puntuación mínima en cada un dos apartados:
- Evaluación curricular: 35 puntos
- Proxecto docente: 15 puntos.
Tras valorar os méritos do candidato, a comisión emitirá un informe positivo ou negativo. A comisión debe emitir un informe suficientemente detallado para que o evaluado dispoña da información sobre os aspectos a mellorar. No caso de ser negativo establecerase un prazo mínimo dun ano para que o candidato volva a presentar a documentación.
Criterios para a reacreditación
Evaluación curricular
Puntuación máxima 20 puntos
Divídese en tres apartados:
- Perfil profesional/asistencial: (Puntuación máxima: 5 puntos)
- Perfil docente: (Puntuación máxima: 10 puntos)
- Perfil Investigador: (Puntuación máxima: 5 puntos)
É similar á da acreditación, pero débense valorar só os méritos desde a acreditación ou reacreditación previa.
Proxecto docente
Puntuación máxima 10 puntos
Diferénciase do proxecto inicial en que neste débense plantexar objetivos concretos de mellora da actuación tutorial para o seguinte
periodo, cas accións específicas que se van a realizar, o calendario de aplicación e os criterios e indicadores de evaluación.
Ainda que o profesional acreditado non houbera desempeñado praza de tutor, o proxecto debe estar actualizado cas directrices existentes na súa
unidade docente.
Memoria de actividades realizadas
Puntuación máxima 70 puntos
Unha descripción do desenrolo dos obxectivos desenrolados de acordo co proxecto docente, e unha autoevaluación de cumprimento detallado das distintas funcións da actividade tutorial.
Para obter a reacreditación débese obter a seguinte puntuación mínima en cada un dos apartados:
- Evaluación curricular: 10 puntos
- Proxecto docente: 5 puntos
- Memoria de actividades: 35 puntos
A comisión evaluadora emitirá un informe que poderá ser positivo ou negativo.
No caso de obter un mínimo de 50 puntos sumando os tres apartados, pero se nalgún deles non se chega á puntuación mínima, emitirase un informe positivo condicional, ca obrigación de someterse a unha nova reacreditación no prazo dun ano.
Se pasaron máis de catro anos dende o último proceso de acreditación ou reacreditación sin que o profesional se sometera a unha nova reacreditación, débese someter de novo o sistema de acreditación. Se o periodo é inferior ós catro anos, pode solicitar uhna reacreditación.